Ventanas

Miremos a través de ellas...

Carta aberta a un fato de parvos

"Carta aberta a un fato de parvos"

Membros de Resistencia Galega ou como raio vos chamedes:
Para o caso de que chegue esta mensaxe a algún de vós, quérovos dicir, con toda enerxía e solemnidade, que sodes uns parvos do carallo, uns palermos sen cabeza nin sentido común nin remedio. Sodes, en resumo, unha merda, e non merecedes máis que desprezo. Pensades -no caso de que tal actividade sexa posible no voso cerebriño de vermes- que lle facedes moito ben a Galicia estragando o coche de Gloria Lago ou ceibando pintadas na súa casa? Credes que hai algo heroico e definitivo na vosa actitude? Non vos decatades, babecos do inferno, que estades convertendo a esa banda de friquis galegófobos chamados Galicia Bilingüe nuns mártires da liberdade? Seica estades, pailarocos, tan gafos de lagañas no voso entendemento, que non vedes o dano que nos estades a facer aos que pretendemos empregar a lingua galego decotío, en todos os eidos da vida, sen que ninguén nos identifique por iso con ningún tipo de extremismo ou inadaptación? Non vos dá vergoña que este "traballiño transgresor" que vindes de perpetrar lle dea azos ao sector máis retrógrado do xornalismo galego, por exemplo ao anormal redactor do Faro de Vigo que publica a nova da vosa acción baixo o epígrafe "conflicto lingüístico", no canto de "sucesos" ou "actividades delincuentes", como faría unha prensa máis intelixente e respectuosa cá que temos?
Dades noxo, Resistencia Galega, máis vos valería empregar o voso tempo en aprender a colocar pronomes ou facer prácticas de ene velar. Pero para iso, agora que o penso, precisariades unha mínima intelixencia, que é xusto o que non tendes.

Visto en Rei de Copas

2009-06-17 11:31 | 0 Comentarios


Mensaje corto a Feijoo

Feijoo: Que sepas que los alumnos son quienes están contestando a tu súper-encuesta. Qué control tienes, meu.

2009-06-16 19:59 | 2 Comentarios


Camiño a San Simón









Mentras deixaba atrás terra firme camiño a San Simón o meu corazón estremecíase coa visón da illa. Reminiscencias políticas pasadas sumadas á espectaciva dun evento marabilloso, non deixaron que estivera relaxada nin un só intre. Menos mal que miña Pentax sempre acouga os meus anceios.

2009-06-07 23:02 | 0 Comentarios


A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PRETENDE SUPRIMIR PROFESORADO E DETERIORAR O ENSINO EN GALICIA

COMUNICADO PÚBLICO

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PRETENDE SUPRIMIR
PROFESORADO E DETERIORAR O ENSINO EN GALICIA

As organizacións sindicais abaixo asinantes, que representan ao profesorado de
ensino non universitario de Galicia e forman parte da Mesa Sectorial, enterados da
CIRCULAR DE INSTRUCCIÓNS da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
de data 14 de maio de 2009 na que “coa finalidade de proceder a determinar o número
de unidades e os POSTOS DE TRABALLO DOCENTE dos centros de infantil e
primaria” dependentes da Consellería de Educación, queren manifestar e dar a coñecer
ao profesorado e á opinión pública o seguinte:
1.- A circular emitida infrinxe gravemente a normativa básica contida no Estatuto
Básico do Empregado Público e na Lei de Órganos de Representación por non terse
negociado na Mesa Sectorial.
2.- No apartado b) desta circular prescríbese: “Na educación primaria agruparanse nun
único grupo os alumnos de distintos cursos do mesmo ciclo sempre que o número de
alumnos fose inferior ou igual a 20”. Este xeito de agrupamento do alumnado de
distintas idades non se recorda dende tempos pasados, pois a propia Consellería no ano
2002 xa establecía que: “Non se agruparán unidades dun mesmo ciclo de educación
primaria sempre que o número de alumnos da unidade resultante sexa SUPERIOR A
16”. É polo tanto un retroceso considerable que terá como consecuencias inmediatas o
deterioro da calidade do ensino e a supresión masiva de profesorado.
3.- Sorprende desagradablemente que este equipo da Consellería de Educación inicie a
súa actuación con medidas que incumpren claramente o programa electoral do propio
partido do goberno que na súa páxina 215 manifesta: “reducción do número máximo
de alumnos por aula, que deberá ser de 15, especialmente na educación infantil”.
Por todo isto, solicitamos e esiximos a negociación dos criterios de agrupamento
do alumnado de infantil e primaria, así como a retirada e anulación desta circular.
Ademais, anunciamos medidas sindicais de presión adecuadas para a consecución de
dita negociación e retirada destas instruccións.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2009.
CIG CCOO UGT ANPE STEG CSI-CSIF

2009-05-23 19:58 | 2 Comentarios


Acto: Presentación del libro: "El arte de ser padres sensatos en la enfermedad"

Acto: Presentación del libro: "El arte de ser padres sensatos en la enfermedad"
Autor: Dr. Roberto Fernández de Pinedo, Pediatra.
Publicado por: A Fortiori Editorial
Fecha y hora: martes, 19 de mayo de 2009 a las 20:00 horas.
Lugar: Hika Ateneo, Muelle de Ibeni, 1, 48004-Bilbao. (picando en el enlace ves el plano)
Afortiori
Afortiori-editorial
La presentación correrá a cargo del ínclito y nunca bien ponderado, doctor Juan Luis Uría Serrano.

Queríamos haber titulado este libro como «El arte de ser padres sensatos en los momentos 'complicadillos' de salud y enfermedades propias de la primera infancia» pero no nos cabía en la tapa.

Este libro trata de tranquilizar, desdramatizar y, globalmente, desangustiar a cuantas personas adultas nos plantamos delante de una criatura con mocos, anginas o toses diversas, porque vivimos demasiadas situaciones de inquietud, agobio y zozobra y no debería ser así.

Lo que pretendemos principalmente es aportar a padres, madres, abuelas y abuelos, la información necesaria para que tengan respuestas sensatas a los pequeños problemas o a los leves alejamientos de la salud que, sin duda, acompañan los primeros años de una criatura. El propósito, insistimos, es el de desangustiar y desdramatizar.

Como medio para conseguirlo: la receta de la abuela de toda la vida. A saber: primero y sobre todo sentido común y cariño. Luego paciencia y tiempo ¡qué importante es que les dediquemos tiempo a los niños! Y por la parte que toca al autor, pediatra, conocimiento e información veraz y anticipada, con un buen toque de humor. ¡Qué importante es que padres y madres conozcamos con anticipación lo bueno y lo menos bueno de lo que les pasa a nuestros hijos en las diferentes épocas y situaciones de su vida!

Si de la lectura de este texto se consiguen madres y padres más capaces, que actúen con más sensatez, y que reaccionen de forma tranquila y sosegada en los momentos 'complicadillos' de la primera infancia, el objetivo del libro estará cumplido.

El libro cuesta 18,50 euros y puede comprarse en las librerías o en la propia editorial por Internet.

2009-05-13 22:32 | 4 Comentarios


Dando vueltas

Sancho Panza
Parezco el perro que se persigue la cola...

2009-05-05 12:11 | 4 Comentarios


Pandemic!







Pandemic!, originally uploaded by Doctor Sinister.




2009-04-28 16:32 | 3 Comentarios


Trocando a paisaxe

tri-hipo
Por outra diferente.

2009-04-06 19:44 | 2 Comentarios


Window licker

window licker
Non son tempos de bater contra a xanela

2009-04-04 13:17 | 2 Comentarios


A onde vas, meu?

Ojos, eyes, ollos.
Nin idea, como non mo digas ti...

2009-03-24 13:15 | 0 Comentarios


Número N convertido en 35

simetria
Pura álgebra en mi nueva vida. ¡¡Salud!!

2009-03-23 11:13 | 3 Comentarios


Dedicatoria e parabéns

sadness
Esta foto ven a representar, agora mesmo, unha dedicatoria de parternidade xa que un bon amigo, recén ingresou neste clube tan selecto de pais primeirizos.
¡¡Noraboa!!

2009-03-22 12:34 | 1 Comentarios


Me sumo a la respuesta contra la Conferencia episcopal


Por manipuladores.

2009-03-18 18:53 | 4 Comentarios


Moncho e Roi

2009-03-16 22:23 | 0 Comentarios


Fame Neghra


A Heroína galega..

2009-03-12 22:30 | 4 Comentarios


Aqui ando

Velocity
Fedellando nos intríngulis do "internete". Sempre me deu curiosidade ver como a xente me dicía: "Atopei esto navegando". Abofé que eran cousas preciosas pero eu ren, todo o día dándolle ao clik e non atopo nada parecido.
Hoxe intenteino de novo, aquí e acolá...pero nada, seica non debo ter os ollos preparados para ese tipo de procura que se antolla especial.
Supoño que non decaerei no meu empecimento, pero dame no naris que o meu, non ten remedio.

2009-03-07 00:03 | 0 Comentarios


Mirar para outro lado

izquierda
O pobre debía estar tan farto, que nin encaraba a vida a estas alturas da súa.

2009-03-05 22:39 | 2 Comentarios


Premios Dardos


Dende o Blog do meu querido amigo Akin, chegoume este premio Dardos que ten as seguintes características e regras:

«Con el Premio Dardos se reconocen los valores que cada blogger emplea al transmitirlos como culturales, éticos, literarios, personales, etc., que, en suma, demuestran su creatividad a través del pensamiento vivo que está y permanece intacto entre sus letras, entre sus palabras. Esos sellos se crearon con la intención de promover la confraternización entre los bloggers, una forma de demostrar cariño y reconocimiento por un trabajo que añada valor a la Web.

Las reglas del meme son:

1) Mostrar la imagen del sello;
2) Enlazar al blog a través del cual se recibió la notificación;
3) Escoger otros blogs a quien entregar el Premio Dardos.»

Pois os meus dous nominados son dous blogs de forte carga cultural:
- Madeingaliza: Un magnífico blog dun impresionante malabar de palabras.
- Comentaristas dispersas: Outro magnífico blog, con moitas e moi boas reflexións, lecturas e relatos.

2009-03-02 00:02 | 0 Comentarios


Homenaje

foto carnet
para los que ven la vida a todo color.

2009-03-01 17:14 | 2 Comentarios


Sabiduria

sabiduria

2009-02-28 02:03 | 2 Comentarios


portada | subir

Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora