Ventanas

Miremos a través...

Inicio > Historias > De cando o aire é doce

De cando o aire é doce

go to the chapel and we...

Auria é, para min, unha das cidades que máis arrecenden ao longo de todo o ano. En febreiro, as mimosas inzan o ar, no verán o "rezougue"* do río, novembro castañeiro e a rúa do paseo a mazás caramelizadas e améndoas garrapiñadas....Cidade, exquisita.
Se poidéramos trazar un roteiro oloroso, recoñeceríamos a cidade dunha maneira especial e saborosa e o mapa que saia dela, sería un punto de vista, todavía máis atractivo para os que disfrutamos destas sensacións.
As mazás caramelizadas forman parte da memoria de moitos cativos e os que aínda nos trasladamos a aquela época esta é a nosa BSO.

*Rezougue: segundo a miña avoa é cando o río vai cheo e arrecende a auga nova, a río, río.

2012-01-11 17:00 | 1 Comentarios


Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://ventanas.blogalia.com//trackbacks/71075

Comentarios

1
De: descalza Fecha: 2012-01-11 17:01

Ingredientes:
4 Mazás
110 ml de augua
220 gr de azucre moreno
25 gr manteiga
1 cullerada de vinagre.

Proceder:

Nun cazo poñemos o azucre e a auga a lume alto. Cando se disolva o azucre e a auga ferva, engadimos o vinagre e a manteiga. Removemos coa culler de madeira e reposamolo 10 min. Crávanse uns paos nas mazás e mergúllanse ata cubrilas todas. Retíranse e se colocan nun papel vexetal.
Métense na neveira unhas horiñas e listo.



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.81.119.123 (10dda64c4c)
Comentario

portada | subir

Todas las fotos están sujetas a copyright. Queda prohibida su reproducción y/o copia sin autorización de la autora